miércoles, 14 de diciembre de 2016

Comezamos o proxecto grupal

¡¡Hola a todos/as!! Coma sempre, despois de cada sesión e novas tecnoloxías sempre veño contarvos como progresamos e as actividades que imos facendo. Ei de dicir que esta era a última sesión, aínda así non a desaproveitamos...Empezamos atendendo á nosa profesora Paz, que nos explicou todo o que necesitamos para realizar o noso proxecto. Actividades, contidos, obxetivos... Así que unha vez rematada a explicación, nos puxemos a elo e comezamos a traballar nisto.
Logo, no laboratorio, coñecemos as aplicacións:
 THINGLINK aplicación que nos permite insertar sobre unha imaxe uns hipervínculos
 MAGISTO  un editor de video 

 UNITAG xerador de códigos QR. 

 Os códigos QR son uns códigos de barras bidimiensionais que codifica a información dentro dun cadrado permitindo almacenar gran cantidade de información alfanumérica. Se identifican pola súa forma cadrada e os tres cadros ubicados nas esquinas superiores e inferior esquerda.
CÓDIGO QR

Unha vez vistas estas aplicacións, comezamos a grabar ideas que os meus compañeiros recopilaran a semá pasada para o noso proxecto. Ademáis, creamos un blog grupal para publicar o proxecto. Espero ensinárvolo pronto... porque como sabedes, ¡¡Aprendemos xuntos!!

sábado, 10 de diciembre de 2016

Os xóvenes da era dixital

¡¡Boas tardes!! Hoxe non vos falarei sobre a clase das novas tecnoloxías. Reflexionarei sobre un artigo interesante que atopei na rede sobre a nova era tecnolóxica e en que maneira nos permite compartir e estar conectados co mundo.
Para empezar, cabe dicir que esta nova era, á cal ven incorporada a tecnoloxía supón unha diferente adaptación para os máis xóvenes e os máis maiores. Aquelas persoas nacidas na era de Internet levan incorporada a tecnolxía na súa vida cotidiana e as manexan con certa facilidade que quizá no teñen moitos/as das xeneracións precedentes. Debido a isto, a maioria dos adultos que miran ós xóvenes con dispositivos electrónicos (smartphone, PC, tablet...) simplemente ven que están "enganchados" porque en realidade non son capaces de ver o abanico de posibilidades que estes nos ofrecen, e non simplemente o usamos para o ocio.
O traballo de campo realizado por Survey Monkey "Si lo vives lo compartes" principalmente conclúe que estar conectados na rede é unha prioridade para os xóvenes porque lles permite estar conectados cos demais en calqueira lugar e en calqueira momento. Un 74% dos xóvenes recoñece estar na rede para estar comunicados cos seus amigos e un 11,8% para facer novas amistades.
Defendendo así a idea de que o mundo dixital é un reflexo das redes sociais.
De seguido o estudo desminte que os xóvenes non coñecen os riscos e perigos que esconden as redes. Aínda así, é certo que prefiren compartir as súas experiencias online, asumindo expoñer a súa intimidade con tal de facelo. Ademáis, admite que a xuventude rechaza o marketing online e aborrece todo tipo de publicidade que lle aparece na rede.
En conclusión, o estudio atribúe principalmente dúas funcións dos medios sociais para a xuventude: a información e a movilización.
Dende meu punto de vista, este artigo demostra que non todo na rede é perxudicial e moitos están equivocados en pensar así. Estando na nova era tecnolóxica, cómpre que os docentes nos adaptemos a ela e introducila para levar a cabo novos métodos pedagóxicos máis activos, participativos e atractivos; deixando así atrás o tradicional proceso de "ensino-arendizaxe" no que o almuno tiña un papel pasivo. Con éste método poderán formar parte do seu propio aprendizaxe mediante investigacións e cun fácil acceso á información que necesiten. Por isto, creo moi útil e importante o uso das TIC nas aulas dende moi pequenos, aínda que de xeito controlado, para que vaian coñecendo o mundo tecnolóxico e lle sexa máis fácil adaptarse a él.
Espero que con esta entrada reflexionedes como eu o fixen sobre este artigo, e saquedes as vosas propias conclusións. Seguide lendo o blog! Na próxima entrada falareivos sobre algo que seguro aprenderemos na nova clase das novas tecnoloxías, porque como sabedes... ¡Aprendemos xuntos!

martes, 6 de diciembre de 2016

CLASE 29/11

¡¡Hola a todos!! Véñovos contar sobre unha nova clase de novas tecnoloxías coa nosa profesora Paz Gonzalo. Na clase presentamos todos os noos proxectos grupais, e tivemos que responder a preguntas como "qué elementos nos motivan?" "Qué aspectos mellorarías?"
Na clase práctica, o laboratorio, empezamos a organizar o  storydoard e fixemos un  brainstorm organizando as ideas que imos grabar para o noso bookcreator.
Para rematalo, nos faltan os criterios de avaliación e actividades para levar a cabo o noso proxecto grupal, o cal estou segura vos gustará!! É moi importante para este aspecto definir o papel que queremos cumplir como profesores nas nosas aulas.
Espero pronto poder ensinarvos o noso proxecto, non vos deixará indiferentes ¡seguro!
Como sabedes... ¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!