Mostrando entradas con la etiqueta Proceso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proceso. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Comezamos o proxecto grupal

¡¡Hola a todos/as!! Coma sempre, despois de cada sesión e novas tecnoloxías sempre veño contarvos como progresamos e as actividades que imos facendo. Ei de dicir que esta era a última sesión, aínda así non a desaproveitamos...Empezamos atendendo á nosa profesora Paz, que nos explicou todo o que necesitamos para realizar o noso proxecto. Actividades, contidos, obxetivos... Así que unha vez rematada a explicación, nos puxemos a elo e comezamos a traballar nisto.
Logo, no laboratorio, coñecemos as aplicacións:
 THINGLINK aplicación que nos permite insertar sobre unha imaxe uns hipervínculos
 MAGISTO  un editor de video 

 UNITAG xerador de códigos QR. 

 Os códigos QR son uns códigos de barras bidimiensionais que codifica a información dentro dun cadrado permitindo almacenar gran cantidade de información alfanumérica. Se identifican pola súa forma cadrada e os tres cadros ubicados nas esquinas superiores e inferior esquerda.
CÓDIGO QR

Unha vez vistas estas aplicacións, comezamos a grabar ideas que os meus compañeiros recopilaran a semá pasada para o noso proxecto. Ademáis, creamos un blog grupal para publicar o proxecto. Espero ensinárvolo pronto... porque como sabedes, ¡¡Aprendemos xuntos!!

viernes, 25 de noviembre de 2016

Aprendizaxe competencial e storyboard

¡¡Boas tardes a todos!!
Despois dunha nova sesión, sempre obtemos novos coñecementos grazas á nosa profesora Paz Gonzalo; e eu, saio disposta a contárvolo.
Durante a clase teórica, nos centramos na aprendizaxe competencial, a cal é imprescindible levala a cabo de maneira práctica e en situacións complexas. Como defensor deste aprendizace, debo mencionar a  ALAN NOVEMBER, creador da Tª da granxa dixital. Este autor fai referencia ao estudante como contribuidor social e a medida en que a tecnoloxía fai isto posible. De seguido, continuamos co noso proxecto grupal, sobre o cal xa vos expliquei un pouco, e vos seguirei contando. Aquí vos mostro unha imaxe do grupo traballando

A continuación, no laboratorio, na clase práctica aprendemos a usar o STORYBOARD.
 Ésta é unha aplicación que nos permite crear unha historia a partires dunha secuencia de ilustracións, coas cales contamos a dita historia en forma de película. Empezamos a crear a nosa historia,,, e en canto a rematemos, deixaréivola aquí para que a poidades ver. A historia fala sobre un dinosaurio en clase que non é capaz de ler, usar os materiais... e como solución lle adaptamos algúns materiais. Seguro que cando a miredes vos gustará!!!

Mentres tanto, non deixedes de curiosear sobre as novas cousas que imos aprendendo, porque xa sabedes que,,, ¡Seguimos aprendendo xuntos!

jueves, 3 de noviembre de 2016

Taboleiro colaborativo, BOAS PRÁCTICAS

Boas tardes... ¡¡Por fon volo podo ensinar!! Aquí vos deixo o taboleiro colaborativo de pinterest sobre as 'Boas prácticas'. Estas consisten en ofrecer aos nenos un método pedagóxico diferente e integralos no mundo das tecnoloxías de maneira responsable, controlada e en grupo.
Neste taboleiro 3 compañeiros máis eu engadiremos artígos, páxinas e fotografías que falen  e demostren o bo uso das TIC na aprendizaxe dos/as máis pequenos/as. Con este taboleiro iremos descubrindo moi boa información e noticias coas que descubriremos novos métodos para traballar cos/as nenos/as.

Taboleiro colaborativo novas prácticas


Espero que visitedes o taboleiro e descubrades novas cousas sobre as TIC..
¡Seguimos aprendendo xuntos!

martes, 25 de octubre de 2016

Nova sección en symbaloo e taboleiro colaborativo en Pinterest

¡¡Hola a todos/as!! Hoxe cóntovos unha nova experiencia coas TIC.
Na sesión práctida das novas tecnoloxías creamos novas contas nas aplicacións de voki e blabber, as cales nos permiten crear persoaxes animados con voz e movemento, cos que podemos inventar historias.
voki
blabberize
Tamén para estas aplicacións creamos un novo webmix en symbaloo.
Ademáis, por grupos comezamos a diseñar o novo taboleiro colaborativo en Pinterest. Aínda que o pinterest é, quizáis, para min a ferramenta do PLE más difícil e complexa, paréceme moi útil e interesante. No taboleiro, cada membro do grupo subiremos enlaces relacionados con páxinas, blogs, información... que nos parezan interesantes para o mundo da educación infantil. Deixareivos a ligazón en canto comencemos a traballar con ditos enlaces.
¡Seguimos aprendendo un pouco máis!