viernes, 25 de noviembre de 2016

Aprendizaxe competencial e storyboard

¡¡Boas tardes a todos!!
Despois dunha nova sesión, sempre obtemos novos coñecementos grazas á nosa profesora Paz Gonzalo; e eu, saio disposta a contárvolo.
Durante a clase teórica, nos centramos na aprendizaxe competencial, a cal é imprescindible levala a cabo de maneira práctica e en situacións complexas. Como defensor deste aprendizace, debo mencionar a  ALAN NOVEMBER, creador da Tª da granxa dixital. Este autor fai referencia ao estudante como contribuidor social e a medida en que a tecnoloxía fai isto posible. De seguido, continuamos co noso proxecto grupal, sobre o cal xa vos expliquei un pouco, e vos seguirei contando. Aquí vos mostro unha imaxe do grupo traballando

A continuación, no laboratorio, na clase práctica aprendemos a usar o STORYBOARD.
 Ésta é unha aplicación que nos permite crear unha historia a partires dunha secuencia de ilustracións, coas cales contamos a dita historia en forma de película. Empezamos a crear a nosa historia,,, e en canto a rematemos, deixaréivola aquí para que a poidades ver. A historia fala sobre un dinosaurio en clase que non é capaz de ler, usar os materiais... e como solución lle adaptamos algúns materiais. Seguro que cando a miredes vos gustará!!!

Mentres tanto, non deixedes de curiosear sobre as novas cousas que imos aprendendo, porque xa sabedes que,,, ¡Seguimos aprendendo xuntos!

1 comentario:

  1. Cristina, puntualizar que la propuesta de Alan November hace referencia al estudiante como contribuidor social y a las posibilidades que para ello nos brinda la tecnología.Un saludo

    ResponderEliminar