Todos/as sabemos que xeralmente se pensa que as tecnoloxías non son adecuadas para os/as máis pequenos/as, xa que é unha idade moi temperá para incitarlles e inculcarlles ese mundo... aínda que tamén é certo que os bos coñecedores do tema defenden o seu uso nas aulas. É normal, e entendo a visión xeral que a xente ten sobre as TIC, pero si coñeceramos todas as oportunidades e beneficios que nos poden aportar, pensariamos moi diferente.
Nunca estiven en contra das TIC na educación infantil, pero sempre pensei en que era importante usalas de maneira controlada, e eventual. Despois de case dous meses aprendendo sobre as TIC, hei de dicir que son moi importantes e beneficiosas. Poden aportarnos un método pedagóxico máis creativo e orixinal que chame a atención dos nenos/as e adquiran mellor os coñecementos.
Estou segura que si probades todas as aplicacións das que vos vou falando entenderedes a miña opinión e cambiaredes o voso punto de vista, coma fixen eu. Ademáis, espero que realmente poidades usalas e todas vos sexan de utilidade.
¡Seguimos aprendendo xuntos!
Interesante evolución Cristina!
ResponderEliminar