¡¡Boas tardes!! Hoxe non vos falarei sobre a clase das novas tecnoloxías. Reflexionarei sobre un
artigo interesante que atopei na rede sobre a
nova era tecnolóxica e en que maneira nos permite compartir e estar conectados co mundo.
Para empezar, cabe dicir que esta nova era, á cal ven incorporada a tecnoloxía supón unha diferente adaptación para os máis xóvenes e os máis maiores. Aquelas persoas nacidas na era de Internet levan incorporada a tecnolxía na súa vida cotidiana e as manexan con certa facilidade que quizá no teñen moitos/as das xeneracións precedentes. Debido a isto, a maioria dos adultos que miran ós xóvenes con dispositivos electrónicos (smartphone, PC, tablet...) simplemente ven que están "enganchados" porque en realidade non son capaces de ver o abanico de posibilidades que estes nos ofrecen, e non simplemente o usamos para o ocio.
O traballo de campo realizado por Survey Monkey
"Si lo vives lo compartes" principalmente conclúe que estar conectados na rede é unha prioridade para os xóvenes porque lles permite estar conectados cos demais en calqueira lugar e en calqueira momento. Un 74% dos xóvenes recoñece estar na rede para estar comunicados cos seus amigos e un 11,8% para facer novas amistades.
Defendendo así a idea de que o mundo dixital é un reflexo das redes sociais.
De seguido o estudo desminte que os xóvenes non coñecen os riscos e perigos que esconden as redes. Aínda así, é certo que prefiren compartir as súas experiencias online, asumindo expoñer a súa intimidade con tal de facelo. Ademáis, admite que a xuventude rechaza o marketing online e aborrece todo tipo de publicidade que lle aparece na rede.
En conclusión, o estudio atribúe principalmente dúas funcións dos medios sociais para a xuventude: a información e a movilización.
Dende meu punto de vista, este artigo demostra que non todo na rede é perxudicial e moitos están equivocados en pensar así. Estando na nova era tecnolóxica, cómpre que os docentes nos adaptemos a ela e introducila para levar a cabo novos métodos pedagóxicos máis activos, participativos e atractivos; deixando así atrás o tradicional proceso de "ensino-arendizaxe" no que o almuno tiña un papel pasivo. Con éste método poderán formar parte do seu propio aprendizaxe mediante investigacións e cun fácil acceso á información que necesiten. Por isto, creo moi útil e importante o uso das TIC nas aulas dende moi pequenos, aínda que de xeito controlado, para que vaian coñecendo o mundo tecnolóxico e lle sexa máis fácil adaptarse a él.
Espero que con esta entrada reflexionedes como eu o fixen sobre este artigo, e saquedes as vosas propias conclusións. Seguide lendo o blog! Na próxima entrada falareivos sobre algo que seguro aprenderemos na nova clase das novas tecnoloxías, porque como sabedes...
¡Aprendemos xuntos!