Hola!! Eu son Cristina Martínez. Este blog está enfocado á materia de novas tecnoloxías. Ésta é impartida pola profesora Paz Gonzalo, na universidade de vigo, campus de pontevedra.
Creo este blog co obxectivo de compartir con vos as miñas experiencias e reflexións sobre o mundo da educación infantil. Ademáis, ireivos contando todo relacionado coa materia; como imos evolucionando e aprendendo novos métodos para usar e ensinar ós máis pequenos.
Espero que todos xuntos podamos facer deste blog unha boa fonte de coñecemento e descubrimento das numerosas curiosidades que nos ofrecen día a día os nosos/as nenos e nenas.
E sobre todo ¡¡espero que vos guste!!
Non deixedes de visitar o blog; curioseade e seguide a nosa evolución nesta apaixoante materia. Estou segura que co tempo, teredes unha nova visión das TIC para o mundo infantil.
¡¡Ata a próxima entrada!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario