¡¡Hola!! Espero que esta entrada vos faga reflexionar sobre as TIC..
Na clase das novas tecnoloxías seguimos aprendendo como acercar ós máis pequenos/as as TIC. Temos unha mala concepción xeralizada das novas tecnoloxías e non somos conscientes do que en realidade nos pode aportar para un novo método de aprendizaxe máis innovador.
Como exempo, cóntovos que onte ao final da sesión de novas tecnoloxías usamos a aplicación "keyhoot"; un xogo entre varios participantes que consistía en responder ás preguntas sobre un vídeo que viramos previamente.
Realmente foi totalmente innovador para min, xa que nin sequera coñecía esta aplicación. Pareceume un xogo moi dinámico, o cal pode ser una boa e nova maneira de poñer a proba os nosos coñecemos interactuando en grupo.
Ademáis, aprendemos na teoría unha nova matriz, a de Morel, que estuda a evolución do sistema de aprendizaxe sen TIC ata o seu uso.
Respecto a esta, teño que dicir que me pareceu interesante porque te fai pensar en qué forma nos poden beneficiar as novas tecnoloxías para evolucionar e facer moito máis didáctico o método educativo.
Espero que isto cambie un pouco a vosa visión do uso das TIC no día a día, e sobre todo na educación dos máis pequenos.
Isto só acaba de empezar... e aprenderemos xuntos todo sobre as tecnoloxías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario