miércoles, 14 de diciembre de 2016

Comezamos o proxecto grupal

¡¡Hola a todos/as!! Coma sempre, despois de cada sesión e novas tecnoloxías sempre veño contarvos como progresamos e as actividades que imos facendo. Ei de dicir que esta era a última sesión, aínda así non a desaproveitamos...Empezamos atendendo á nosa profesora Paz, que nos explicou todo o que necesitamos para realizar o noso proxecto. Actividades, contidos, obxetivos... Así que unha vez rematada a explicación, nos puxemos a elo e comezamos a traballar nisto.
Logo, no laboratorio, coñecemos as aplicacións:
 THINGLINK aplicación que nos permite insertar sobre unha imaxe uns hipervínculos
 MAGISTO  un editor de video 

 UNITAG xerador de códigos QR. 

 Os códigos QR son uns códigos de barras bidimiensionais que codifica a información dentro dun cadrado permitindo almacenar gran cantidade de información alfanumérica. Se identifican pola súa forma cadrada e os tres cadros ubicados nas esquinas superiores e inferior esquerda.
CÓDIGO QR

Unha vez vistas estas aplicacións, comezamos a grabar ideas que os meus compañeiros recopilaran a semá pasada para o noso proxecto. Ademáis, creamos un blog grupal para publicar o proxecto. Espero ensinárvolo pronto... porque como sabedes, ¡¡Aprendemos xuntos!!

sábado, 10 de diciembre de 2016

Os xóvenes da era dixital

¡¡Boas tardes!! Hoxe non vos falarei sobre a clase das novas tecnoloxías. Reflexionarei sobre un artigo interesante que atopei na rede sobre a nova era tecnolóxica e en que maneira nos permite compartir e estar conectados co mundo.
Para empezar, cabe dicir que esta nova era, á cal ven incorporada a tecnoloxía supón unha diferente adaptación para os máis xóvenes e os máis maiores. Aquelas persoas nacidas na era de Internet levan incorporada a tecnolxía na súa vida cotidiana e as manexan con certa facilidade que quizá no teñen moitos/as das xeneracións precedentes. Debido a isto, a maioria dos adultos que miran ós xóvenes con dispositivos electrónicos (smartphone, PC, tablet...) simplemente ven que están "enganchados" porque en realidade non son capaces de ver o abanico de posibilidades que estes nos ofrecen, e non simplemente o usamos para o ocio.
O traballo de campo realizado por Survey Monkey "Si lo vives lo compartes" principalmente conclúe que estar conectados na rede é unha prioridade para os xóvenes porque lles permite estar conectados cos demais en calqueira lugar e en calqueira momento. Un 74% dos xóvenes recoñece estar na rede para estar comunicados cos seus amigos e un 11,8% para facer novas amistades.
Defendendo así a idea de que o mundo dixital é un reflexo das redes sociais.
De seguido o estudo desminte que os xóvenes non coñecen os riscos e perigos que esconden as redes. Aínda así, é certo que prefiren compartir as súas experiencias online, asumindo expoñer a súa intimidade con tal de facelo. Ademáis, admite que a xuventude rechaza o marketing online e aborrece todo tipo de publicidade que lle aparece na rede.
En conclusión, o estudio atribúe principalmente dúas funcións dos medios sociais para a xuventude: a información e a movilización.
Dende meu punto de vista, este artigo demostra que non todo na rede é perxudicial e moitos están equivocados en pensar así. Estando na nova era tecnolóxica, cómpre que os docentes nos adaptemos a ela e introducila para levar a cabo novos métodos pedagóxicos máis activos, participativos e atractivos; deixando así atrás o tradicional proceso de "ensino-arendizaxe" no que o almuno tiña un papel pasivo. Con éste método poderán formar parte do seu propio aprendizaxe mediante investigacións e cun fácil acceso á información que necesiten. Por isto, creo moi útil e importante o uso das TIC nas aulas dende moi pequenos, aínda que de xeito controlado, para que vaian coñecendo o mundo tecnolóxico e lle sexa máis fácil adaptarse a él.
Espero que con esta entrada reflexionedes como eu o fixen sobre este artigo, e saquedes as vosas propias conclusións. Seguide lendo o blog! Na próxima entrada falareivos sobre algo que seguro aprenderemos na nova clase das novas tecnoloxías, porque como sabedes... ¡Aprendemos xuntos!

martes, 6 de diciembre de 2016

CLASE 29/11

¡¡Hola a todos!! Véñovos contar sobre unha nova clase de novas tecnoloxías coa nosa profesora Paz Gonzalo. Na clase presentamos todos os noos proxectos grupais, e tivemos que responder a preguntas como "qué elementos nos motivan?" "Qué aspectos mellorarías?"
Na clase práctica, o laboratorio, empezamos a organizar o  storydoard e fixemos un  brainstorm organizando as ideas que imos grabar para o noso bookcreator.
Para rematalo, nos faltan os criterios de avaliación e actividades para levar a cabo o noso proxecto grupal, o cal estou segura vos gustará!! É moi importante para este aspecto definir o papel que queremos cumplir como profesores nas nosas aulas.
Espero pronto poder ensinarvos o noso proxecto, non vos deixará indiferentes ¡seguro!
Como sabedes... ¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!

viernes, 25 de noviembre de 2016

Aprendizaxe competencial e storyboard

¡¡Boas tardes a todos!!
Despois dunha nova sesión, sempre obtemos novos coñecementos grazas á nosa profesora Paz Gonzalo; e eu, saio disposta a contárvolo.
Durante a clase teórica, nos centramos na aprendizaxe competencial, a cal é imprescindible levala a cabo de maneira práctica e en situacións complexas. Como defensor deste aprendizace, debo mencionar a  ALAN NOVEMBER, creador da Tª da granxa dixital. Este autor fai referencia ao estudante como contribuidor social e a medida en que a tecnoloxía fai isto posible. De seguido, continuamos co noso proxecto grupal, sobre o cal xa vos expliquei un pouco, e vos seguirei contando. Aquí vos mostro unha imaxe do grupo traballando

A continuación, no laboratorio, na clase práctica aprendemos a usar o STORYBOARD.
 Ésta é unha aplicación que nos permite crear unha historia a partires dunha secuencia de ilustracións, coas cales contamos a dita historia en forma de película. Empezamos a crear a nosa historia,,, e en canto a rematemos, deixaréivola aquí para que a poidades ver. A historia fala sobre un dinosaurio en clase que non é capaz de ler, usar os materiais... e como solución lle adaptamos algúns materiais. Seguro que cando a miredes vos gustará!!!

Mentres tanto, non deixedes de curiosear sobre as novas cousas que imos aprendendo, porque xa sabedes que,,, ¡Seguimos aprendendo xuntos!

martes, 15 de noviembre de 2016

Bookcreator en realidade aumentada

¡¡Boas!! Cóntovos que ademáis do aurasma, aprendemos a usar unha nova aplicación sobre a realidade aumentada. Ésta aplicacion é o BOOKCREATOR.. É gratuíta e permite crear ebooks, cómics ilustrados... dedicados aos máis pequenos. Soporta múltiples deseños e plantillas para ditos libros, e acepta os tipos de gáfticos máis populares para que os autores poidan crealo co seu deseño preferido. 
Unha vez rematado o libro, os autores poden usar a ferramenta "KINDLE DIRECT PUBLISHING" para cargar o libro e vendelo en Amazon. O formato, está disponible para descargar gratis en Mac e PC. 
Nós en concreto, elaboramos un conto con imaxes que mostraba a evolución da cor gris ata a violeta, moi bo!!

 Contarvos ademáis, que creamos un novo webmix en symbaloo, "Realidade aumentada" para engadir estas aplicacións.

Espero que vos gusten estas novas aplicacións e sigades investigando sobre todo o que vos conto...
¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!

Realidade aumentada

¡¡Hola!! Hoxe tráiovos novas aplicación realmente interesantes. Na clase teórica, a nosa profesora Paz Gonzalo, invotounos a empezar a elaborar o noso proxecto por grupos.
Para comenzar no proxecto, primeiramente estamos realizando un mural no cal debemos representar as competencias (intereses e gustos) nosos e dos/as nenos/as, previamente expostos na anterior entrada. Tendo en conta estes, coincidimos en que a temática do noso proxecto sería de debuxos animados. Como actividade, levamos a cabo un rastrexo dixital. Este consiste nun seguimento de pistas dentro dun instituto. Se lles proporcionará un plano, no cal aparece un debuxo animado en cada rincón do instituto (aulas, despacho, baños, biblioteca, saón de actos..). Unha vez atopado o debuxo, a este lle ven asignado unha url, que terán que introducir no ordenador, a cal lles da unha pista para conseguir o seguinte debuxo animado e así sucesivamente
Unha vez rematamos a clase teórica, no laboratorio creamos un novo webmix en symballo "realidade amumentada" para incorporar a nova aplicación que coñecemos e aprendemos a usar, chamada  AURASMA  coa cal creamos un video por grupos). Esta aplicación permite escanear fotos e adxuntalas a un video. É multiplataforma, o seu formato permite seu uso en variedade de dispositivos. Aquí vos deixo o enlace de twitter onde está colgado e o podedes ver Twitter video aurisma
   


Espero que vos gusten estas novas aplicacións e sigades investigando sobre todo o que vos conto...
¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!

Para coñecernos un pouco máis

¡¡Boas boísimas!!
Hoxe veño a contarvos unha nova actividade nas novas tecnoloxías. Nesta ocasión xuntamos os nosos gustos cos duns nenos/as. Para isto, todos os membros do gurpo nos puxemos de acordo qué nenos expoñer nesta actividade e poñer en común os nosos gustos. Á esquerda deste esquema, o cal elaborei con word, aparecen os nosos gustos, e hacia a dereita os gustos, intereses, necesidades e medos de cada un dos nenos. Con cor azul, represento os gustos e intereses, con verde as necesidades e os medos con vermello. 
Con isto intentamos expoñer que pode haber diferenzas ou non entre os/as pequenos/as e os/as adultos/as, o cal me parece moi interesante e digno de estudar/analizar.

¡Espero que vos guste! E sobre todo que miredes dunha forma diferente a maneira de pensar dos/as máis pequenos/as.

Pronto vos irei contando máis... 
¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Picpac

Sígovos ampliando información! E se dúas aplicacións vos parecen poucas, aprendemos a usar outra máis... Picpac. Esta app é util para a creación de vídeos animados con SpotMotion y TimeLapse. Para apender a usala, nos dividimos en grupos e cada un elaborou o seu video (o noso paréce moi creativo!!) Trata sobre uns zapatos que se moven sós.
Para éste, sacamos varias fotografías que finalmente se montan para elaborar un video como o que vos amoso. Dicirvos, que como non mo deixa subir aquí, vos deixo o enlace da entrada no meu perfil de twitter para que poidades velo Los zapatos de Andrea
Esta aplicación serve para móvil e tabletas. (Aquí o enlacepara descargala) Picpac



Dende a primeira entrada ata agora, fun falando de moitas aplicacións con diferentes funcións, e espero que vos estén sendo de utilidade e vos aporten unha nova visión sobre as TIC.

Coma sempre... ¡¡Seguimos aprendendo xuntos!! 

PICKTOCHART

Hola a todos!! Véñovos contar sobre unha nova aplicación que aprendemos no laboratorio (clase práctica), o Piktochart. Unha aplicación que nos permite facer infografías con diferentes decoracións e debuxos con diferentes temáticas. Creamos en grupo un mural. O noso tema é trata sobre ideas básicas para elaborar calquera actividade e usamos a decoración de animais submarinos para o "cartel". En cada animal, representamos unha idea difente... ¡¡e así de bonito nos quedou!!
Aquí vos deixo o enlace para que poidades descargar a aplicación e usala  Picktochart
Espero que vos animedes a crear un como este, é verdadeiramente fácil, e ten variedade para escoller a temática que máis vos guste.
E como xa sabedes... ¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!

¡¡Ampliamos TIC!!

¡¡Boas noites!! Hoxe retrásase un pouco a entrada.. pero a verdade que me parece moi interesante.
Para comenzar, na hora de teoría a profesora mostrounos a aplicación Padlet. Esta consiste nun mural "universal" e colaborativo, sobre o cal todos podemos traballar e comentar. Como exercicio, no mural a profesora tiña colgado o vdeoclip de Fito e Fitipaldis "La casa por el tejado" e unha vez que o miramos, comentamos por grupos cal era a visión de Fito sobre a edución e escola segundo o que di na súa canción.
Paréceme moi útil, así que para que o poidades usar, aquí vos deixo o enlace:
Padlet mural competencias




Coma sempre... ¡¡Seguimos aprendendo xuntos!! 

jueves, 3 de noviembre de 2016

Taboleiro colaborativo, BOAS PRÁCTICAS

Boas tardes... ¡¡Por fon volo podo ensinar!! Aquí vos deixo o taboleiro colaborativo de pinterest sobre as 'Boas prácticas'. Estas consisten en ofrecer aos nenos un método pedagóxico diferente e integralos no mundo das tecnoloxías de maneira responsable, controlada e en grupo.
Neste taboleiro 3 compañeiros máis eu engadiremos artígos, páxinas e fotografías que falen  e demostren o bo uso das TIC na aprendizaxe dos/as máis pequenos/as. Con este taboleiro iremos descubrindo moi boa información e noticias coas que descubriremos novos métodos para traballar cos/as nenos/as.

Taboleiro colaborativo novas prácticas


Espero que visitedes o taboleiro e descubrades novas cousas sobre as TIC..
¡Seguimos aprendendo xuntos!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Nova visión sobre ás TIC

¡¡Boas tardes!! Esta é unha entrada diferente ás demáis... Tendo en conta que xa estamos no ecuador da materia de novas tecnoloxías, paréceme importante valorar a evolución na forma de pensar sobre as novas tecnoloxías no mundo da educación infantil.
Todos/as sabemos que xeralmente se pensa que as tecnoloxías non son adecuadas para os/as máis pequenos/as, xa que é unha idade moi temperá para incitarlles e inculcarlles ese mundo... aínda que tamén é certo que os bos coñecedores do tema defenden o seu uso nas aulas. É normal, e entendo a visión xeral que a xente ten sobre as TIC, pero si coñeceramos todas as oportunidades e beneficios que nos poden aportar, pensariamos moi diferente.

Nunca estiven en contra das TIC na educación infantil, pero sempre pensei en que era importante usalas de maneira controlada, e eventual. Despois de case dous meses aprendendo sobre as TIC, hei de dicir que son moi importantes e beneficiosas. Poden aportarnos un método pedagóxico máis creativo e orixinal que chame a atención dos nenos/as e adquiran mellor os coñecementos. 
Estou segura que si probades todas as aplicacións das que vos vou falando entenderedes a miña opinión e cambiaredes o voso punto de vista, coma fixen eu. Ademáis, espero que realmente poidades usalas e todas vos sexan de utilidade.

¡Seguimos aprendendo xuntos!

jueves, 27 de octubre de 2016

Tellagami e Chatterkid ¡As aplicacións animadas!

¡¡Boísimas noites!! Hoxe me retraso un pouco na hora da publicación pero... é por unha boa causa. Creo esta nova entrada para contarvos que descubrín dúas novas aplicacións animadas. Estas son Tellagami e Chatterpix. Ambas as dúas teñen unha finalidade similiar. Nos permiten crear persoaxes animadas, ás cales lles podemos grabar unha voz e facer que as persoaxes falen coa nosa propia voz. Ademáis, lle engadimos os rasgos e roupa que nos queiramos.
Aquí podedes descubir estas aplicacións



Chatterkid       


Tellagami

Espero que as probedes, porque a min parécenme moi moi interesantes. Sobre todo para o mundo infantil, porque pode chamar moito a atención dos/as pequenos/as e pode ser moi útil para a súa aprendizaxe.

Pronto vos contarei máis... ¡¡Seguimos aprendendo!!

miércoles, 26 de octubre de 2016

Unha nova sesión no laboratorio de novas tecnoloxías

¡¡Hola de novo!! Dende aquí sígovos contando sobre as novas aplicacións que imos utilizando. Para empezar, usamos a aplicación Tuntastic, a cal nos permite crear unha gran diversidade historias animadas. Dende este esnlace, podedes obter a aplicación toontastic


Podemos añadir música para crear persoaxes animadas, poñer cara ó noso personaxe segunndo o estado de ánimo...
Dividímonos por grupos e cada un crea a súa propia historia. Aquí o podedes ver. ¡Seguro que vos vai gustar!  Vídeo dinosaurios
Ademáis, dende a mesma aplicación, elaboramos un cartel/taboleiro no cal resumimos as función desta aplicación
¡¡Aquí o noso carte!!


Esta aplicación paréceme moi interesante para o mundo da educación infantil, xa que nos permite ensinar ós/ás nenos/as dunha maneira moi animada, e podémolos facer partícipes da súa propia aprendizaxe; o cal é para min algo moi importante...

Coma sempre ¡Seguimos aprendendo xuntos!

martes, 25 de octubre de 2016

Nova sección en symbaloo e taboleiro colaborativo en Pinterest

¡¡Hola a todos/as!! Hoxe cóntovos unha nova experiencia coas TIC.
Na sesión práctida das novas tecnoloxías creamos novas contas nas aplicacións de voki e blabber, as cales nos permiten crear persoaxes animados con voz e movemento, cos que podemos inventar historias.
voki
blabberize
Tamén para estas aplicacións creamos un novo webmix en symbaloo.
Ademáis, por grupos comezamos a diseñar o novo taboleiro colaborativo en Pinterest. Aínda que o pinterest é, quizáis, para min a ferramenta do PLE más difícil e complexa, paréceme moi útil e interesante. No taboleiro, cada membro do grupo subiremos enlaces relacionados con páxinas, blogs, información... que nos parezan interesantes para o mundo da educación infantil. Deixareivos a ligazón en canto comencemos a traballar con ditos enlaces.
¡Seguimos aprendendo un pouco máis!

lunes, 24 de octubre de 2016

Mapa mental de Twitter en Popplet

¡¡Boas tardes!! Hoxe táiovos unha nova aplicación. Preséntovos Popplet, unha aplicación que permite estructurar e organizar as túas ideas a través de mapas mentais, conceptuais, tablóns, murais, galerías, etc. Podemos facelo de forma individual ou en conxunto colaborando con outras persoas. 
O seu uso é moi sinxelo. Para empezar, colocamos nun cadro unha idea clara e báseica que estará no centro do noso mapa mental; de ahí sacaremos outras pequenas casillas onde explicamos brevemente dita idea. Dentro das casillas ou cadros, podes meter imaxes, videos, etc. Ademáis podemos modificar a cor da casilla, o tamaño, a forma.. ata que todo quede ó noso gusto.
Para amosarvos a aplicación, creei este mapa mental, no que falo sobre a miña experiencia en Twitter. Levo xa algúns anos utilizándoo e estes son os diversos usos que lle dou. Úso a aplicación para estar conectada con xente do meu entorno, para estar enterada sobre a actualidade dos temas que máis me imteresan... e agora tamén o uso para transmitirvos información sobre o meu PLE! 



Popplet paréceme moi interesante e útil tanto para a vida educativa como para a laboral, xa que che pode axudar moito para organizar traballos, ideas, proxectos... Como todas as aplicacións das que vos falo, espero que a usedes e realmente vos sexa de utilidade.
Como sabedes... ¡¡Seguimos aprendendo xuntos!!

viernes, 21 de octubre de 2016

Unha nova visión das 'tic'

¡¡Hola!! Espero que esta entrada vos faga reflexionar sobre as TIC..
Na clase das novas tecnoloxías seguimos aprendendo como acercar ós máis pequenos/as as TIC. Temos unha mala concepción xeralizada das novas tecnoloxías e non somos conscientes do que en realidade nos pode aportar para un novo método de aprendizaxe máis innovador.
Como exempo, cóntovos que onte ao final da sesión de novas tecnoloxías usamos a aplicación "keyhoot"; un xogo entre varios participantes que consistía en responder ás preguntas sobre un vídeo que viramos previamente.
Realmente foi totalmente innovador para min, xa que nin sequera coñecía esta aplicación. Pareceume un xogo moi dinámico, o cal pode ser una boa e nova maneira de poñer a proba os nosos coñecemos interactuando en grupo.
Ademáis, aprendemos na teoría unha nova matriz, a de Morel,  que estuda a evolución do sistema de aprendizaxe sen  TIC ata o seu uso.
Respecto a esta, teño que dicir que me pareceu interesante porque te fai pensar en qué forma nos poden beneficiar as novas tecnoloxías para evolucionar e facer moito máis didáctico o método educativo.
Espero que isto cambie un pouco a vosa visión do uso das TIC no día a día, e sobre todo na educación dos máis pequenos.
Isto só acaba de empezar... e aprenderemos xuntos todo sobre as tecnoloxías.

miércoles, 12 de octubre de 2016

O meu symbaloo para Ferramentas PLE

¡¡Aumentamos o coñecemento sobre ás TIC¡¡
Xunto con este blog, creamos novas contas en outras redes e aplicacións para aumentar e traballar no noso PLE. Redes e aplicacións moi boas e útiles para mergullarse  e estar sempre ao tanto do tema que máis nos interese, neste caso, o mundo da educación infantil.
Aquí vos deixo as miñas contas para que lle poidades votar un ollo. Quizáis agora non están ben desenvoltas porque son moi recentes, pero pouco a pouco irei añadindo cousas e irán collendo forma..
¡Espero que vos guste!

sábado, 8 de octubre de 2016

Presentación blog

Hola!! Eu son Cristina Martínez. Este blog está enfocado á materia de novas tecnoloxías. Ésta é impartida pola profesora Paz Gonzalo, na universidade de vigo, campus de pontevedra.
Creo este blog co obxectivo de compartir con vos as miñas experiencias e reflexións sobre o mundo da educación infantil. Ademáis, ireivos contando todo relacionado coa materia; como imos evolucionando e aprendendo novos métodos para usar e ensinar ós máis pequenos.
Espero que todos xuntos podamos facer deste blog unha boa fonte de coñecemento e descubrimento das numerosas curiosidades que nos ofrecen día a día os nosos/as nenos e nenas.
E sobre todo ¡¡espero que vos guste!!
Non deixedes de visitar o blog; curioseade e seguide a nosa evolución nesta apaixoante materia. Estou segura que co tempo, teredes unha nova visión das TIC para o mundo infantil.
¡¡Ata a próxima entrada!!